Ás veces, no desenrolo da nosa vida, temos que parar e esperar a ver que pasa ao noso redor. Pontedeume na Rede!!!, coma un dos elementos que conforman o meu proxecto vital, tivo que ser aparcado para deixar paso a outros máis prioritarios. O traballo, a familia determinaron que Pontedueme na Rede!!! fose deixado parcialmente de lado para dispoñer de tempo para min mesmo.
Hai unhas semáns determinei voltar a escribir e púxenme máns á obra. Joomla 1.0.9 (que era o que soportaba Pontedeume na Rede!!!) xa estaba na versión 1.0.15, superado hai tempo pola nova vía evolutiva Jommla 1.5, xa pola versión 1.5.5. Decidín migrar á nova vía (os trens non poden circular por vías mortas) e por iso vinme obrigado a desenvolver unha nova template para a páxina. A nova Pontedeume na Rede!!!, ainda non acabada nin no referente a contidos, nin no deseño, nace coa máis nova tecnoloxía Joomla.
Pouco a pouco dareille un xiro aos contidos que ainda non teño ben claro que camiño collerán. Polo de agora engadín unha galería de fotografías na que podedes ver alguna das miñas aproximacións a esta arte, unha nova sección chamada Tecnogal, que penso terá moito que ver cos camiños a percorrer de aquí na diante. Seguirei cos artifgos referentes ao meu Pontedeume querido como o que inaugura esta nova etapa e abandonarei algunha das miñas antigas liñas "editoriais" como os avisos de actividades (sobradamente cuberto por outros blogas da Eumesfera).
Pouco a pouco actualizarei os contidos e o deseño ata facer un novo Pontedeume na Rede!!!
Saúdos e gracias polas vosas visitas






