} ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?>
Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/session/session.php on line 413

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/session/session.php on line 413

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/session/session.php on line 416

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/templates/ja_purity/ja_templatetools.php on line 44
Benvidos a Pontedeume na Rede...!!!
Temos 18 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte
Benvidos a Pontedeume na Rede...!!!

Sin Z de Zapatero

E-mail Imprimir PDF

   Devolveume a ilusión pola política perdida aló por fináis dos oitenta enredada na maraña de corrupcións. Fíxome crer que unha nova vía era posible. Que o realismo tiña como contraposición o idealismo. Fíxome pensar que a política podía ser a solución dos nosos problemas e dos da nosa civilización. Fíxome voltar a militar en política.

   E agora isto...

   Hai tempo tiven na cachola a idea de escribir un artigo nesta páxina sobre as diferencias nos seguidores poíticos de dereitas e de esquerdas. Teño claro que as hai e coma nos Mandamentos de Moisés, tamén aquí redúcense a unha: a capacidade de autocrítica. Cando algo non gusta decímolo sen máis e o que vexo agora non me gusta... non me gusta nada.

   Entendo ou quero entender que sexa necesario reducir os salarios aos funcionarios. A realidade é testaruda e son o único colectivo, xunto cos pensionistas, no que o Estado pode intervir directamente. E non me parecería mal ter tocado eses salarios si antes tivera feito outras cousas:

   .- exterminar garitos financieiros coma as SICAV.

   .- reinstaurar o imposto do Patrimonio.

   .- subir o IRPF, o único imposto proporcional do nosos país.

   .- retirar as subvencións a igrexa católica.

   .- esixir aos bancos a devolución dos cartos aportados para a súa salvación.

   .- reducir á mínima expresión as aportacións á Casa Real (que non morran de fame).

   .- retirar as axudas aos centros educativos concertados alí onde haxa prazas públicas.

   .- ...

   O peor disto é a sensación de desangano que me queda. a impresión de que xogaron conmigo. Tiven a ilusión de cambio e unha vez máis a realidade pisouna. Espero, polo meu propio ben, que esta vez me dure menos que da outra. Espero que a xeración de xóvenes poíticos que hoxe traballan nos partidos non lles pase o que a mín xa me pasou. Que non abandonen para poder cambiar isto. Espero que o compañeiro José Luís, alomenos teña claro o que está facendo xa quea  mín, agora, non mo parece. Agora síntome desilusionado, e desorientado, e enganado...

 

Turismo de aventura

E-mail Imprimir PDF

Queres vivir unha esperiencia especial?

A vida diaria non te enche?, Necesitas vivir o risco?, Estás canso da monotonía?

 

 

Non o dubides. Esta Ponte do Pilar ven a PONTEDEUME. Disfrutarás gratis dunha esperiencia inolvidable. A máis densa selva ao teu alcance.

E por suposto, chea de animáis salvaxes... Non?

 

Unha nova vida V (Laxe de novo)

E-mail Imprimir PDF

Unha nova vida....

 

 

 

Unha nova vida IV (Praia)

E-mail Imprimir PDF

PRAIA DE SOESTO (Laxe). Non hai máis que dicir...

 

 

Unha nova vida III (Laxe)

E-mail Imprimir PDF

   Laxe, Costa da Morte, 43º 13' N, 9º 00' O. Rúa Villa Amparo. Unha nova vida.

   E agora si é de verdade. Xa estivemos na cucaña, fumos de viños, comimos coa miña nai,... e non nos sentimos "vinideros". E curioso que a xente que vamos coñecendo en Laxe, casi todos/as mestres/as do colexio, falan dunha profunda hostilidade dos laxense (finalmente creo que é así como nos han chamar nunhos meses) polos "vinideros". 

   A verdade é que a xenofobia hiperenxebrista (xa verei na miña propia pel si é certo) non é o único elemento común entre Laxe e Pontedeume. Ambas vilas (penso que Laxe é vila, xa volo direi) miran ao Norte, cun monte ao sur, ainda que o de Laxe non proxecta a fatídica "sombra telúrica" que oscurece a nosa vila. Laxe é luminoso, tremendamente luminoso, cheo do reflexo do sol na area da praia.

   Ambas vilas teñen máis bares do que parece razonable en función do seu tamaño, ainda que Laxe ten vantaxe sobre Pontedeume. Os hosteleiros preocúpanse do estado dos seus locáis. E casi todos lucen unha lograda decoración, un elevado grado de limpeza e, algo que me sorprendeu, servizo de WIFI gratuito (penso agora mesmo en 5 ou 6 dos que xa visitei).

   Parece que a miña nova vida será sinxela. A transición está a ser moi suave. As amizades que vamos facendo e as visitas que recibimos están a nos axudar nesta migración case voluntaria á que nos vimos abocados.

 


Enquisas

Que conexión tes a Internet?
 

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner