} ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?> } ?>
Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/session/session.php on line 413

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/session/session.php on line 413

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/session/session.php on line 416

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/pontedeume.org/web/index.php:1) in /usr/home/pontedeume.org/web/templates/ja_purity/ja_templatetools.php on line 44
Pontedeume na Rede...!!!
Temos 11 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte
Pontedeume na Rede...!!!

Asociación de veciños Breamo

E-mail Imprimir PDF

De parte da dinamizadora da Sociedade da Información publico este anuncio:

Asociación de Veciños "Breamo" Vilar-Campolongo. Cursos

1.Curso de plantas medicinais.
“Iniciación á fitoterapia e cosmética natural”
Impartido por expertos de Milhulloa (S. Coop. Galega)
Do 20 de setembro ó 6 de outubro. 
2.Xornadas micolóxicas.
Imaprtida por expertos da asociación micolóxica Viriato.
Do 11 ó 28 de outubro.
3.Curso de fruticultura.
Impartido polo experto divulgador Alberto Varela.
Do 3 de novembro ó 13 de marzo. 
O horario habitual será os xoves de 19 a 21 horas, no local da asociación. 
Saídas ó campo e visita a instalación os sábados en xornada de mañá.
Para máis información e reservas, teléfonos 639 421 421 e 652 700 305.
 

Cadernos do Ateneo

E-mail Imprimir PDF

   O Ateneo Eumés Fernán Martís ven de publicar un novo exemplar da súa revista de estudios "Cadernos do Ateneo Eumés". Presentarase o vindeiro Venres, día 30 de Xaneiro ás 20 horas no centro municipal de maiores. O novo exemplar, o número 6, inclue un suplemento sobre Ramiro Fonte, eumés senlleiro recentemente falecido.

  Como ven sendo habitual a presentación virá acompañada dunha conferencia, neste caso a cargo de D. Alfonso Eiré López, xornalista e escritor baixo a temática:

Por qué a prensa en Galego?

 

Galinux

E-mail Imprimir PDF

   Teño dobre personalidade no que respecta ao Linux. Cada certo tempo instalo un Linux na miña computadora, o configuro co último KDE, instalo Openofficce, Gaim, Firefox, e póñome a traballar sabendo que as aplicacións que estou a usar foron desenvolvidas sen ánimo de lucro por xente de todo o planeta. Logo, un día, hai algo que sei que se pode facer pero non son capaz polos meus limitados coñecementos do sistema e caio na trampa: volvo ao Windows no que me desenvolvo con moita máis soltura.

   Ainda que esto me pase unha e outra vez recoñezo que son "linuxero" por principios, ainda que non por coñecementos. A dinámica actual do Linux e do software libre en xeral, paréceme imparable. As aplicacións libres que hoxe en día pululan pola Rede permiten traballar, dentro da normalidade, sin gastar un só euro en software, librándonos así da cárcere das grandes multinacionáis da programación que con pequenos cambios estéticos, utilizando as mismas librerías querennos obligar a comprar software cada dous ou tres anos.

  Mesmo as administracións están xa no bo camiño como demostra a intensa utilización do sistema operativo libre no eido educativo das comunidades autónomas. Mesmo en Extremadura ou na nosa Galicia temos xa unha distribución adaptada. O Ateneo Eumés co que colabouro (ainda que menos do que me gustaría) ten organizado para o vindeiro 19 de Xuño un acto de presentación ou de difusión de Galinux e o Software libre en xeral. José Manuel Pello da asociación Amigus de As Pontes falaranos, no centro de maiores, do desenrolo de Galinux, da súa utilidade na vida persoal ou profesional, doutras aplicacións libres como Gaim, Gimp, Firefox, Thunderbird, etc. para despertar un pouco as nosas conciencias e racionalizar o uso do software.

   Pontedeume, como ven sendo normal, está á cola na comarca neste eido. Xa non é que a nosa administración non se move  a prol do software libre, é que non hai actividade persoal, ou polo menos eu non a coñezo. Gustariame que todos vos, os que visitades as páxinas da Eumesfera , os que facedes as páxinas eumesas, os que comentades as novas, os que usades software libre, asistades a ese acto. Quizáis poidamos montar un grupo de traballo eumés en software libre, ou argallar unha party como a de Mugardos ou As Pontes. Ou polo menos coñecernos os eumeses que usamos software libre para poder comentar as esperiencias.

Vémonos o 19...

 

www.pontedeume.es

E-mail Imprimir PDF

WWW.PONTEDEUME.ES

    Dende a Eumesfera damoslle a benvida á páxina web do noso concello. Despóis de longos e escuros anos por fin Pontedeume ten presencia na Rede. Hai que unificar un pouco a cuestión idiomática e completar os listados de enlaces, e algunha cousiña máis. Pero en calquera caso trátase dun feito importante que debería marcar o inicio da chegada ao presente de Pontedeume e o seu concello.

   Dende Pontedeume na Rede ofrecémoslle a esta páxina o noso apoio e colaboración. Se vos fai falta algún contido noso podedes collelo con total liberdade ou pedirmo que volo darei de inmediato

.

 

 

Sin Z de Zapatero

E-mail Imprimir PDF

   Devolveume a ilusión pola política perdida aló por fináis dos oitenta enredada na maraña de corrupcións. Fíxome crer que unha nova vía era posible. Que o realismo tiña como contraposición o idealismo. Fíxome pensar que a política podía ser a solución dos nosos problemas e dos da nosa civilización. Fíxome voltar a militar en política.

   E agora isto...

   Hai tempo tiven na cachola a idea de escribir un artigo nesta páxina sobre as diferencias nos seguidores poíticos de dereitas e de esquerdas. Teño claro que as hai e coma nos Mandamentos de Moisés, tamén aquí redúcense a unha: a capacidade de autocrítica. Cando algo non gusta decímolo sen máis e o que vexo agora non me gusta... non me gusta nada.

   Entendo ou quero entender que sexa necesario reducir os salarios aos funcionarios. A realidade é testaruda e son o único colectivo, xunto cos pensionistas, no que o Estado pode intervir directamente. E non me parecería mal ter tocado eses salarios si antes tivera feito outras cousas:

   .- exterminar garitos financieiros coma as SICAV.

   .- reinstaurar o imposto do Patrimonio.

   .- subir o IRPF, o único imposto proporcional do nosos país.

   .- retirar as subvencións a igrexa católica.

   .- esixir aos bancos a devolución dos cartos aportados para a súa salvación.

   .- reducir á mínima expresión as aportacións á Casa Real (que non morran de fame).

   .- retirar as axudas aos centros educativos concertados alí onde haxa prazas públicas.

   .- ...

   O peor disto é a sensación de desangano que me queda. a impresión de que xogaron conmigo. Tiven a ilusión de cambio e unha vez máis a realidade pisouna. Espero, polo meu propio ben, que esta vez me dure menos que da outra. Espero que a xeración de xóvenes poíticos que hoxe traballan nos partidos non lles pase o que a mín xa me pasou. Que non abandonen para poder cambiar isto. Espero que o compañeiro José Luís, alomenos teña claro o que está facendo xa quea  mín, agora, non mo parece. Agora síntome desilusionado, e desorientado, e enganado...

 


Páxina 1 de 30

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner