Seguen crecendo os enlaces eumeses en "Pontedeume na Rede". Hoxe engadín uns cantos máis. Botade un vistazo á Web de CUI, a verdade é que traballou arreo.
A "Eumesfera" segue a crecer e pouco a pouco hai cada vez máis presencia eumesa na Rede. Ao final o Concello terá que asumir que a Rede é hoxe en día unha faceta máis da vida diaria e teremos presencia oficial.
Noutra orde de cousas comunicarvos que esta semán tentarei actualizar o Joomla! que soporta Pontedeume na Rede á versión 1.0.12. Xa fixen a traducción a galego do frontpage. Podedelo baixar do servidor ftp de Pontedeume na Rede ftp.pontedeume.org accedendo cos datos:
usuario: Esta dirección electrónica está protexida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizala
contrasinal: invitado.
| Comentarios |
|






