Temos 9 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte
Benvidos a Pontedeume na Rede...!!!

Turismo de aventura

E-mail Imprimir PDF

Queres vivir unha esperiencia especial?

A vida diaria non te enche?, Necesitas vivir o risco?, Estás canso da monotonía?

 

 

Non o dubides. Esta Ponte do Pilar ven a PONTEDEUME. Disfrutarás gratis dunha esperiencia inolvidable. A máis densa selva ao teu alcance.

E por suposto, chea de animáis salvaxes... Non?

 

Unha nova vida V (Laxe de novo)

E-mail Imprimir PDF

Unha nova vida....

 

 

 

Unha nova vida IV (Praia)

E-mail Imprimir PDF

PRAIA DE SOESTO (Laxe). Non hai máis que dicir...

 

 

Unha nova vida III (Laxe)

E-mail Imprimir PDF

   Laxe, Costa da Morte, 43º 13' N, 9º 00' O. Rúa Villa Amparo. Unha nova vida.

   E agora si é de verdade. Xa estivemos na cucaña, fumos de viños, comimos coa miña nai,... e non nos sentimos "vinideros". E curioso que a xente que vamos coñecendo en Laxe, casi todos/as mestres/as do colexio, falan dunha profunda hostilidade dos laxense (finalmente creo que é así como nos han chamar nunhos meses) polos "vinideros". 

   A verdade é que a xenofobia hiperenxebrista (xa verei na miña propia pel si é certo) non é o único elemento común entre Laxe e Pontedeume. Ambas vilas (penso que Laxe é vila, xa volo direi) miran ao Norte, cun monte ao sur, ainda que o de Laxe non proxecta a fatídica "sombra telúrica" que oscurece a nosa vila. Laxe é luminoso, tremendamente luminoso, cheo do reflexo do sol na area da praia.

   Ambas vilas teñen máis bares do que parece razonable en función do seu tamaño, ainda que Laxe ten vantaxe sobre Pontedeume. Os hosteleiros preocúpanse do estado dos seus locáis. E casi todos lucen unha lograda decoración, un elevado grado de limpeza e, algo que me sorprendeu, servizo de WIFI gratuito (penso agora mesmo en 5 ou 6 dos que xa visitei).

   Parece que a miña nova vida será sinxela. A transición está a ser moi suave. As amizades que vamos facendo e as visitas que recibimos están a nos axudar nesta migración case voluntaria á que nos vimos abocados.

 

Unha nova vida II (Vinideros)

E-mail Imprimir PDF

   Xa estamos en Laxe. O inicio da nova vida.

   Hoxe iremos a Pontedeume a comer e a tomar os viños. Qué vai pasar?, Seremos "vinideros?.

   Os eumeses temos unha estrana relación de amor - odio cos que veñen de fora. Hay como unhas razas de xente en función da súa relación coa vila:

    .- Os eumeses: Son os que forman parte da vila por dereito propio, normalmente por herdanza.

    .- Os turistas: Que veñen a pasar uns días nun verán e que nalgún caso repiten anos despóis.

    .- Os turistas fieis: Son os que veñen a veranear dende hai anos, teñen piso ou alugan sempre o mesmo.

    .- Os "vinideros": Son os que se afincan na vila por razón do traballo.

   Os turistas son benvidos por comerciantes e particulares. Enchen as rúas de diñeiro e ambiente, a pesar de que ocupan as nosas esquinas nas barras dos bares. Os turistas fieis intégranse con toda normalidade na vida veraniega da vila. Forman parte da sociedade e incluso algún recibe homenaxes. 

   O problema o teñen os "vinideros". Os "vinideros" pensan que veñen a traballar e a formar parte da sociedade, pero están nun erro. Pontedeume ten un estamento social máis, un estamento creado para eles, para os que vivindo dende hai 20 anos en Pontedeume ainda teñen que oir de cando en vez aquelo de "Pero se ti non és de aquí!". Manolo Gómez, eumés de pro, será sempre un "pantanero" para a maioría. E a verdade crúa é que moitos deses que damos en chamar "vinideros" están a traballar por Pontedeume moito máis que os autóctonos. Quizáis non teñan o xen da "sombra telúrica de Breamo" e non se vexan afectados por ela. Quizáis a sombra non sexa máis que iso, unha sombra que pesa tan só sobre os que cren nela. Quizáis os eumeses teñamos que mirarnos un pouco máis nos "vinideros" para ver que as cousas poidan ser distintas e loitar por elas.

   Os "vinideros", en realidade, enriquécennos. Aportan novas formas de ver a nosa vila e a nosa sociedade para modernizalas. Dende aquí o meu voto polos vinideros. Benvido.

Fdo.: Un vinidero.

 

 


Fotos

Enquisas

Que conexión tes a Internet?
 

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner